domingo, 16 de noviembre de 2008

http://labs.digg.com

No ano 2004, un grupo formado por Kevin Rose, Owen Byrne, Ron Gorodetzky, e Jay Adelson decidiu crear o sitio web digg.com para publicar noticias de ciencia e tecnoloxía. A partir dunha combinación de marcadores sociais, blogging e sindicación constitúese unha rede de informacións que os usuarios poden xulgar a partir da consideración que teñan dentro da comunidade.
Unha clara cronoloxía do sitio é a que ofrece a Wikipedia.2004 - Decembro: Digg.com aparece na web.
2005 - Xullo: Digg móstrase cun novo deseño na versión 2.0.
2005 - Outubro: Digg recibe 2.8 millóns de dólares por iniciativa de grupos e inversionistas para financiar o seu continuo crecemento.
2005 - Novembro: Digg.com sobrepasa a marca dos 100.000 usuarios rexistrados.
2005 - Decembro: "Digg Spy" é incorporado e optimizado a Digg Spy v2.0 con novas características que inclúen un nivel vivo e dinámico de buscas detrás-de-cámaras nos envíos de historias, diggeos, comentarios enviados e cousas polo estilo.
2006 - Febreiro: Digg é enlistado en Alexa como un dos 500 sitios máis visitados en Internet. 2006 - Marzo: O equipo Digg lanzou un novo sistema de comentarios baseado en fíos para os usuarios. Sobrepasa os 200.000 usuarios rexistrados.
2006 - Abril: Supera ó rival, Slashdot, e entra ó top 100 dos sitios en internet do ranking de Alexa.
2006 - Xuño 26: Digg permanece fóra de servicio pola actualización cara á versión 3.0.

A este proxecto seguírono outros como 'ohmynews' en Corea, 'menéame' en España e 'chuza' en Galicia. Claro que, vendo a polémica que suscitou esoutro día a controvertida análise de Chuza, non me vou atrever a calificalo ou rexeitalo como medio de comunicación.


Os 'labs' que seguen son unha moi boa modernización que atende á clasificación das noticias que van xurdindo no 'digg'. As categorías que presenta son Tecnoloxía, Ciencia, Mundo e Negocios, Videos, Ocio e Xogos. Esta nova versión presenta as clasificacións de diversas maneiras.

A sección Pics mostra a actividade de imaxes no sitio. "Images slide in from the left as people Digg and submit them".
Aparece despois o Arc, que mostra "displays stories, topics, and containers wrapped around a sphere".

A seguinte sección que se ofrece é a de Stack que, segundo a web, "shows diggs occurring in real time on up to 100 stories at once. Diggers fall from above and stack up on popular stories." As historias que aparecen con máis cores son as que teñen máis "diggs".

Por último, está a sección Swarm na que "Digg draws a circle for stories as they're dugg. Diggers swarm around stories, and make them grow". Unha vez máis, as historias máis coloreadas son as máis 'votadas'.
Unha opción moi interesante que ofrece labs.digg.com é a posibilidade de baixar calquera dos modelos como protector de pantalla, ben para Microsoft ou ben para Macintosh.

No hay comentarios: