viernes, 28 de noviembre de 2008

Gráficos sobre personaxes de ficción

Existen gráficos sobre practicamente todo, dende informacións de actualidade a infografías protesta pasando, precisamente, por deseños explicativos sobre personaxes de ficción. Cando se presenta unha infografía sobre cine ou personaxes de animación, case sempre se centra en explicar os rasgos máis característicos dos personaxes principais.
Tal é o caso de Betty Boop, un debuxo animado creado nos anos 30 por Grim Natwick, un animador veterano dos estudios de Walt Disney e lanzada pola Paramount .
Está considerada a primeira animación dunha moza ‘flapper’ , un anglicismo que, segundo a Wikipedia, refírese a un novo tipo de mulleres xurdido nos anos 20 que “usaban saias curtas, escoitaban música non convencional”; ademais de maquillarse, beber licores, fumar, conducir e adoptar conductas que desafiaban as leis por seren socialmente ‘incorrectas’.
Co tempo Betty Boop foise convertendo no icono sexual de toda unha época, a pesar don ser real.
Outro dos gráficos que me chamou a atención e que me parece moi axeitado é este que fala, ademais dos elementos que fan de Batman un heroe, da súa rivalidade co Joker.
Deste xeito, fala das características do ‘Batitraje’; tales como distorsión da voz, brazo hidráulico, capa… Tamén “ensina por dentro” o ‘Batmóvil’ e o ‘Batpod’.
Respecto ó seu rival, o gráfico céntrase en describir o seu perfil psicolóxico e ilústrao con fotos do desaparecido e guapísimo Heath Ledger. Do Joker dice que é “psicótico, cruel y despiadado”.
Paréceme un dos mellores gráficos deste apartado porque, ademais de ser moi esquemático ten unha estética moi atractiva.
A última infografía sobre personaxes de ficción fala, como non podía ser doutro xeito, do inconfundible Homer Simpson, a través dunha radiografía á súa historia dende que comezara a serie, ós seus momentos máis recordados e, como non, ó seu peculiar cerebro.
Non considero que sexa dos mellores gráficos sobre o tema, aínda que si moi explicativo, pero a súa presencia é imprescindible porque fala dunha serie de animación que non deixa indiferente a case ninguén.

1 comentario:

Alexandra Moledo dijo...

Ola compañeira infográfika:
Despois de ver tantas veces a Batman ou os Simpson ¿quen non se preguntou algunha vez como é o coche do superheroe ou que lle pasa a Homer pola cabeza? E que mellor forma de facelo que con un infográfico. Con isto demostrase que a infografía non só as imaxes que acompañan as informacións dos xornais. E iso sen meternos no amplo mundo da infografía multimedia.

Bikos carol