lunes, 10 de noviembre de 2008

CONGRESO GALICIA POLA RADIO

Nos tres días de Congreso participaron persoeiros do mundo da radio que coas súas experiencias e anécdotas nos axudaron a coñecer como era o mundo das ondas desde os seus comezos ata agora. Polo auditorio da facultade de Ciencias da Comunicación pasaron intelectuais entrañables como Isaac Díaz Pardo ou Avelino Pousa Antelo que emocionaron ós presentes coas súas vivencias e a profesional Pili Pereira que lembrou os seus inicios en Radio Galicia. Coa presentadora Tareixa Navaza, Manuel Sicart de Radio Lugo e aínda que soe raro co crego da emisora parroquial de Lalín Xesús Mato descubrimos o importante que é a liberdade de expresión e facer radio con independencia dos poderes económicos e políticos. Coñecemos máis segredos do medio con Siro López ou Moncho Lemos. Estes son só algúns dos ponentes que participaron no Congreso. Na última sesión celebrada na Fundación Caixa Galicia tivemos o pracer de coñecer as experiencias dun monstruo da radio como é Luis del Olmo. E se non o creedes aí vos deixo unha foto que o demostra.




Un saúdo para a infográfika Marta e tamén para Laura dos 3infograficos

Moitas veces aprendese máis con vivencias que con datos pero facer un infográfico sen datos é un pouco complicado, así que para dar unha visión xeral da radio nestes 30 anos centreime na primeira conferencia do venres: “Trinta anos de información radiofónica para Galicia” e na última que dou o profesor Xosé Ramón Pousa e na que explicou o futuro do medio marcado pola radio dixital. A petición da profesora ós asistentes de pensar un infográfico sobre un tema do congreso esta é a miña proposta.

Tendo como referencia as infografías multimedia de “El País” habería un título xenérico que é HISTORIA DA RADIO EN GALICIA e aparecerían dúas pestañas: PASADO e PRESENTE. Se pinchamos en PASADO aparece a imaxe da radio antigua ó darlle ó botón de encendido despleganse unha ventá coas características. E o mesmo pasa ó pinchar en PRESENTE, pechase automáticamente a radio de antes e a ventá coas súas características e repitese o proceso. Como son aspectos contrapostos en moitos casos a idea é similar ó infográfico que “El País” fixo para representar os programas electorais dos dous candidatos á presidencia de EE.UU. Deixovos o enlace http://www.elpais.com/graficos/internacional/Elecciones/EEUU/2008/elpgra/20081106elpepuint_1/Ges e espero que sexades capaz de visualizar o que quero dicir.
Na ventá principal onde estaba PASADO e PRESENTE habería outra pestaña que poría FUTURO e ó pinchar nela aparecería a imaxe e de novo unha nova ventá coas súas características. Hai pouco texto para que a infografía sexa máis sinxela e porque así conseguese igualmente ofrecer unha visión xeral.

PASADO

- Non importaba a rendibilidade económica
- Máis liberdade pero censura do franquismo
- O interés informativo por riba dos demais
- Non era necesario ser licenciado en xornalismo
- Compromiso social
- Pouca tecnoloxía
- Relevanxia dos espazos locais.


PRESENTE

- Prioridade da rendibilidade
- Autocensura
- Priman os intereses políticos e comerciais
- Presión políticas e dos anunciantes
- Papel marginal do servizo público
- Mellora a calidade do son
- Traballo máis individual
- As emisoras nacionais cubren moito espazo: pouca programación local


FUTURO
- Segmentación audiencias
- Emisións especializadas
- Escoita individual
- Moita oferta para escollera
- Rompense rutinas
- Escoita de programas fóra de hora
- Medios monotemáticos

No hay comentarios: