miércoles, 4 de febrero de 2009

MOITOS INFOGRÁFICOS??

Non sei se será porque ó estar estudiando a asignatura xa vexo infográficos en todos lados pero sorprendeume a cantidade de infografías e gráficos que incluía o xornal de hoxe de "La Voz de Galicia". Como os vin na edición impresa non podo pasarvos os enlaces pero tentarei explicarvolos:

- "Un radar duplicará a capacidade de Meteogalicia de predecir temporales". Esta é a noticia principal e acompañase dun infográfico a media páxina titulado "O novo vixiante metereolóxico". A imaxe está dividida en tres partes: "Así quedará a torre", "As melloras co radar" e "Así quedará a actual estación".

- Para ilustrar a noticia "A variante do AVE en Ourense será o segundo tramo máis caro de Galicia", engadese un sinxelo mapa localizador sobre " O novo proxecto ferroviario para Ourense".

- A infografía tamén está presente na sección de internacional coa nova "Occidente síntese ameazado tras lanzar Irán o seu primeiro satélite". O infografico titulado "Lanzadeira iraní" é unha imaxe do satélite cun texto que fai referencia os lanzamentos do país iraní desde o 2003 ó 2008. Polo tanto, non hai correspondencia imaxe- texto e sería máis apropiado facer unha liña de tempo para eses datos ou no caso de conservala imaxe explicar mellor as súas características.

- Na mesma páxina que o anterior inclúese outro infográfico, " Os misís norcoreanos" que acompaña á noticia, " Corea do Norte prepara un ensaio con misís internacionais". Representase unha bola do mundo con dúas circumferencias concéntricas que indican os mísis en operación e os que están en desenvolvemento.

- Tamén botan man deste recurso en informacións como "La Voz ofrecerá a partir do domingo un telefóno móvil 5610". Unha imaxe a toda cor e de gran tamaño do móvil está rodeado de tódolos datos que conforman a súa ficha técnica.

- Na sección de economía atopamos dúas tablas que fan referencia á evolución da matriculación de vehículos na área de Santiago entre xaneiro de 2003e 2009 (datos moi repetitivos e tabla demasiado ampla) e a evolución do paro nos concellos da área de Compostela.

- Un traballo que me pareceu sinxelo é á vez orixinal fai referencia ó titular "Mellor búsque unha axuda pública para obter un crédito". Gráficamente representase un labirinto: nun extremo unha parella e no outro a palabra CRÉDITO.

- Os infográficos poden amosar datos que non veñen no texto. Neste caso, a información refírese a que a UE duplica o presuposto para a promoción internacional do viño. Nunha caixa de datos (que non é un infográfico, senón un gráfico) focalízase a información en Galicia representando as o número de bodegas ó lado dos seus iconos.

Menos o mapa localizador de Ourense, e as táboas sobre datos de economía o resto dos gráficos están a cor.

No hay comentarios: